jueves, 26 de enero de 2017

Saída a Sotavento

 Hoxe os rapaces de 1º e de 2º de Primaria fixemos unha saída ben chula. Fomos ata Sotavento.
Alí aprendimos unha morea de cousas sobre as enerxías renovables, contidos que nos servirán para o noso novo proxecto interdisplinar que dentro de pouco comezaremos.

Deixamosvos unhas imaxes para que poidades ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos.



Entramos nunha casa bioclimática e de bioconstrución. Gustounos tanto que todos queremos unha así!


Facía un frío! Brrr. Pero mereceu a pena sair un ratiño para entrar no aeroxenerador. Non vos podedes nin imaxinar o alto que é, e a morea de escaleiras que ten! Hai que ser un valente para subir por ahí.


Aprendimos un montón de cousas sobre as enerxias renovables. Non tiñamos nin idea que existiran e que non contaminaran.


En breve recibiredes mais novas sobre o noso proxecto!