domingo, 25 de noviembre de 2018

Vai de narices!


E por fin rematamos o proxecto Vai de narices co que podemos aprender que é a respiración e cómo é o aparato encargado dela.
Nun primeiro momento fixemos una rutina de pensamento : Qué sei? Que quero saber? Coa que nos aproximamos a os nosos coñecementos previos.
Experimentamos coa nosa respiración correndo, en repouso, como hinchaba de desinchaban peito e ebdome, facéndonos conscientes de que o abdome métese para dentro cando expulsamos o aire e non cando inspiramos como pensábamos moitos.
Aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio e como funcionaba. Que é importante tomar o aire polo nariz para que se limpe,  tamén  vimos que se pode respirar coa boca pero non comer polo naríz e que isto é posible grazas á Glotis.
Finalmente cada equipo deseñou a mellor maneira de facer una maqueta do aparato respiratorio e organizámonos para levalas a cabo. Así de chulas quedaron:





Avaliamos o proxecto coa estructura de traballo cooperativo Lápis ao centro. Canto aprendimos!!
Agora imos a polo aparato dixestivo 💪💪💪

No hay comentarios:

Publicar un comentario