En Ciencias Sociais empezamos o Segundo Trimestre con moitas
ganas de aprender sobre o planeta no que vivimos.
Despois de levar a cabo diferentes actividades, decidimos
investigar sobre a lúa, o satélite do noso planeta Terra.
Durante varias noites e coa axuda das nosas familias, estivemos
observando a forma que tiña a lúa, pois xa somos expertos na materia, e sabemos
que vai cambiando de forma. Estes
cambios chámanse: as fases da lúa.
Tamén vimos un vídeo da primeira viaxe do ser humano á lúa e
gustóunos moito a frase de Neil Armstrong: “Un pequeño paso para el hombre, un
gran paso para la humanidad”.
Debuxamos as fases nos nosos cadernos, vimos contos sobre a
lúa e para rematar creamos un mural xigante entre todos.