miércoles, 16 de marzo de 2022

Proyecto interdiciplinar Pelo -Pico -Pata (Segunda parte)





Xa rematamos o noso primeiro proxecto interdisciplinar "Pelo pico pata" no que nos adentramos no mundo dos animais vertebrados.

Nesta ocasión realizamos unha destreza de pensamento denominada “clasificación descendente”. Nela situamos os distintos grupos de vertebrados e clasificamos animais concretos dentro de cada un deles. As nosas destrezas están no pasillo, polo que todos podedes velos cando veñades de visita.

   



 

 
 

Unha visita inesperada!!

Uns días despois recibimos unha gran sorpresa. Para que puidésemos ver os grupos de vertebrados en vivo e en directo, as nosas titoras decidiron levar á clase uns peixes e unha tartaruga.
A nosa clase adoptou a tartaruga e xuntos e despois dun gran debate conseguimos poñerlle o nome de "Tortu".
Grazas a Tortu puidemos ver como son, que tipo de vertebrado son, como andan, que lles gusta comer, como dormen...
Ter esta mascota na aula tamén implica algunhas responsabilidades que debemos cumprir.



¡ESQUEMA A LO GRANDE! 😉


Aproveitando o bo tempo, ambas clases decidimos baixar ao patio e facer o noso esquema a gran escala cos animais que eles mesmos trouxeron das súas casas.
Que mellor xeito de rematar unha xornada escolar que ao aire libre a última hora, disfrutando do bo tempo.

 
   


Como en todos os proxectos, traballamos outras materias, por exemplo, en lingua traballamos de xeito cooperativo "as adiviñas" a través dun folio xiratorio, en lingua castelán, fixemos o noso propio "animacedario".

 




 
   
 
 



A SORPRESA FINAL AÍNDA ESTÁ ESPERANDO...





No hay comentarios:

Publicar un comentario