Na aula de 2º EP na materia de ciencias da natureza, estamos a traballar os sentidos dunha maneira lúdica a través de metodoloxías activas.
O olfacto: Adiviñamos cheiros
Tacto: Adiviñar obxectos a través do tacto
Vista: Grazas ao conto "O libro negro das cores", descubrimos como len as persoas invidentes. Descubrimos o Braille e como escribir o noso nome en Braille.
A través da estrutura cooperativa de "Grupos de expertos" creamos o noso gran mural para colocar no corredor
A través das TIC poñemos a proba todo o que sabemos dos sentidos mediante distintos xogos educativos: