No segundo trimestre, o alumnado de 1º e 2º EP realizou un Proxecto Interdisciplinar sobre os animais chamado "Pelo, pico, pata" e levaron a cabo diferentes actividades, como por exemplo:
Os Aqua Dragons
A actividade consistía en crear artemias partindo dos seus ovos, polo que tiveron que encher una peceira con auga e comprobar que a temperatura da auga oscilaba entre 17 ºC e 27 ºC.
Despois, introduciron os ovos de artemia na auga, e pasados
2-3 días eclosionaron.
Cada día, por equipos de traballo, tiñan que alimentalos,
comprobar que as condicións de temperatura e luminosidade eran as adecuadas e
realizar un rexistro dos cambios que había na peceira.
Cando había baixas, gustáballes analizalas no microscopio.
O alumnado trouxo diferentes animais de peluche para
clasificar. Foi moi divertido!
Os alumnos e alumnas debuxaron diferentes
animais no patio e analizaron as súas características.
Clasificación descendente
O alumnado realizou unha destreza de pensamento que
consistía en clasificar varios animais en diferentes categorías. De esta forma,
ademáis de aprender o contido propio da materia de Ciencias Naturais, traballaron
a habilidade de clasificar de forma eficaz un conxunto de elementos atendendo a
diferentes categorías.
Saída de fin de Proxecto ó Centro educativo
da fauna salvaxe “Córax Fauna”
Como fin do proxecto, o alumnado realizou unha visita a este centro educativo,
onde estiveron en contacto coa natureza, xogaron, e observaron a fauna desde
moi cerca.
Disfrutaron moitísimo!
Foi un día xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario