jueves, 28 de noviembre de 2024

1º e 2º toman as rendas do Concello

Hoxe os nenos de 1º e 2º EP, visitaron o Concello, ¡e pasámolo xenial! 

O alcalde recibiunos con moita amabilidade e explicoulle aos pequenos en que consiste o seu traballo e o dos concelleiros.

Tivemos a oportunidade de coñecer obxectos importantes e cheos de historia, como o libro de ouro, o bastón e a coroa da Raíña das Festas. 

Ademais, percorremos espazos como a sala do pleno, onde se toman decisións importantes, e o despacho do alcalde, ¡quen mesmo lles deixou sentarse no seu sillón!

Foi unha actividade chea de aprendizaxes e momentos inesquecibles para todos. ¡Pasámolo xenial!









GRAZAS!! 💖



No hay comentarios:

Publicar un comentario