Para dar por rematado o proxecto sobre a comunicación, esta semana decidimos levar a cabo uns anuncios. Antes de nada investigamos sobre cómo facelos porque é necesario formarse antes de poñerse diante das cámaras. Logo, cada un pensou nun producto que puidera ser útil (teñen unha imaxinación asombrosa). Máis tarde os elaboraron e por último preparamos o argumento para intentar vendelos.
Na seguinte foto podedes ver cómo xa temos moitos inventos na aula. Pronto teredes a sorte de ver os videos dos anuncios. Estade alerta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario