E por fin rematamos o proxecto Vai de narices co que podemos
aprender que é a respiración e cómo é o aparato encargado dela.
Nun primeiro momento fixemos una rutina de pensamento : Qué
sei? Que quero saber? Coa que nos aproximamos a os nosos coñecementos previos.
Experimentamos coa nosa respiración correndo, en repouso,
como hinchaba de desinchaban peito e ebdome, facéndonos conscientes de que o
abdome métese para dentro cando expulsamos o aire e non cando inspiramos como pensábamos
moitos.
Aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio e
como funcionaba. Que é importante tomar o aire polo nariz para que se limpe, tamén vimos
que se pode respirar coa boca pero non comer polo naríz e que isto é posible
grazas á Glotis.
Finalmente cada equipo deseñou a mellor maneira de facer una
maqueta do aparato respiratorio e organizámonos para levalas a cabo. Así de
chulas quedaron:
Avaliamos o proxecto coa estructura de traballo cooperativo
Lápis ao centro. Canto aprendimos!!
Agora imos a polo aparato dixestivo 💪💪💪
No hay comentarios:
Publicar un comentario