💫 DÍA DA PAZ 💫
Hoxe no centro celebramos o día escolar da PAZ.
No primeiro ciclo, todos quixemos elaborar un cartel no que recollemos as nosas reflexións e ideas sobre a paz.
A través dunha sesión de interioridade e reflexión, empregando o lema escolar deste curso de Encóntra-T, pedímoslles que pechasen os ollos e pensaran naquelas cousas que simbolizan para cada un, ese sentimento de paz.
Despois, unha vez rematado este tempo de reflexión, cada un reflectiu nun «post it» a idea do que é para eles a Paz.
Con estas actividades construtivas, motivadoras e reflexivas, os alumnos gozaron e aprenderon os valores que xiran arredor do concepto de Paz.
Este é o resultado:
Esperamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario