11 FEBREIRO
DÍA DA MULLER NA CIENCIA
Hoxe na escola celebramos o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia - 11 febreiro 👩🏻🔬👩🏼⚕️
Os de 1º, 2º e 3º de primaria quixemos indagar e coñecer un pouco máis sobre estas mulleres tan importantes da ciencia.
Comezamos co visionado dun vídeo onde descubrimos algúns detalles das súas vidas e descubrimentos.
Despois dividímonos nos nosos equipos de traballo para investigar un deles.
Cada grupo encargouse de cubrir unha ficha sobre unha científica en concreto, para iso tiñan que facer unha lectura cooperativa. Así de ben traballaron!
As científicas que nos tocaron investigar a 2º foron:
- Margarita Salas
- Marie Curie
- Inge Lehmann
- Ada Lovelace
- Dorothy Crowfoot
- Emmy Noether
Así de ben traballaron!
Unha vez rematado, expuxemos no patio o noso traballo, para que todos poidan coñecer un pouco máis destas grandes mulleres e as súas achegas á ciencia.
Esta foi a nosa pequena aportación a este día.💜
No hay comentarios:
Publicar un comentario