viernes, 4 de marzo de 2022

Construimos as nosas paisaxes


Estou aquí para mostrarvos o último proxecto que fixemos en Soci: modelos paisaxísticos 🤩

Disfrutamos moito traballar en equipo creando as nosas paisaxes de forma cooperativa.

Os pasos que seguimos foron:

1️⃣ Fixemos o noso bosquexo nunha folla de papel. Debuxamos como queriamos facer a nosa paisaxe e os elementos que queriamos que tivese. Despois a profe axudounos a poñer as nosas ideas en cartolina para que fose moito máis fácil comezar a poñer os plasti.

 


2️⃣ Comezamos a amasar, moldear e poñer os nosos plasti sobre a cartolina. Foi tomando forma moi rápido porque traballamos en equipo 👏🏼🤩

 

 

3️⃣ Cando xa tiñamos creada a nosa paisaxe, tivemos que poñerlle nome aos elementos. Fixemos bandeiras, puxemos os nomes e colocámolas na paisaxe.

 

  

 

4️⃣ Finalmente, tivemos que presentar o noso modelo aos nosos compañeiros 👏🏼

  

 

Encántanos facer proxectos, cada vez melloran falando en público e van perdendo a vergoña que teñen moitos. Encántame o ben que o fan 👏🏼😍


No hay comentarios:

Publicar un comentario