sábado, 21 de mayo de 2022

🌟🌟Proxecto: O Universo 🌟🌟

       

Comezamos un novo proxecto e non hai mellor maneira de facelo que con ese halo de misterio e maxia que esperta curiosidade, motivación e entusiasmo.

Hoxe cando chegamos á clase atopamos un camiño moi luminoso e cheo de estrelas diminutas. Pensamos que era purpurina, pero nada que ver con iso, que brillaba moito máis 🤩🤩🤩

Como en calquera proxecto partimos dos coñecementos previos do alumnado e para iso empregamos a dinámica do que sabemos? e que queremos saber? mediante a técnica cooperativa de cabezas numeradas.


 


  

As constelacións 


 



No noso percorrido polas constelacións fixemos estas súper lanternas que nos permiten proxectalas no teito e aparecer coa axuda dunha lanterna.

Para elaboralos só necesitamos rolos de cartón, pintura negra, estrelas para decorar, papel para cupcakes, punzóns e gomas elásticas.

Primeiro pintaremos os rolos con pintura negra e, unha vez secos, decoraremos con estreliñas. A continuación, debuxamos os puntos das constelacións dos nosos signos do zodíaco no papel de magdalenas. 
E listos para proxectar!!! ⭐⭐⭐



 
Encantoulles!!!🥰🥰🥰

Obradoiro de contos: As claves dos soños

Na asignatura de lingua, aproveitando que traballamos as constelacións, realizamos un emotivo obradoiro co conto As claves dos soños de Ana Meilan e Silvina Eduardo, un fermoso conto para traballar os medos á hora de durmir e,sobre todo, para enfrontalos dun xeito seguro e tranquilo.

Déixovos a sinopsis:

"Din que coa primeira estrela que brilla no ceo espertan os soños, Adele espera todas as noites para ver brillar a súa para comezar unha nova aventura.
As chaves que gardas no caixón da túa mesiña de noite abren un soño diferente que fará de cada noite un momento especial. E a túa chave, que soño se abre?

Despois de falar dos nosos medos á hora de ir para a cama, descubrimos estas chaves coas que os máis pequenos gañarán seguridade e terán fermosos soños!!!       



Os astronautas máis famosos 👨‍🚀🧑‍🚀👩‍🚀

Seguimos avanzando no noso proxecto e descubrimos algúns dos astronautas máis famosos e cales foron as súas fazañas:


  • Laika: primeiro ser vivo que viaxou ao espazo.
  • Yuri Gagarin: primeiro astronauta en viaxar ao espazo.
  • Valentina Tereshkova: primeira muller en viaxar ao espazo.
  • Neil Armstrong: primeiro astronauta en camiñar na Lúa.
  • Pedro Duque: primeiro astronauta español.

A partir diso, fixemos a nosa cronoloxía particular colocándoas segundo a orde dos acontecementos e prestamos especial atención a Valentina Tereshkova como referencia feminina💜💜💜

Seguimos imparables descubrindo o universo


Produto final: Maqueta "O NOSO SISTEMA SOLAR"

Retomando o cooperativo, por grupos repartimos os planeta e comezamos:
  1. Investigamos
  2. Poñemos en común as nosas ideas, os datos máis importantes que descubrimos.
  3. A figura do secretario é a encargada de poñer en papel as ideas finais do grupo
  4. finalmente coloreamos a nosa planta e colocamos na nosa maqueta.












Ben feito rapaces! Así de ben nos foi.






FIN







No hay comentarios:

Publicar un comentario