viernes, 11 de noviembre de 2022

Misión Madagascar.

O mércores ao chegar a clase atopámonos cunha sorpresa moi especial, unha maleta, unha carta e un pequeno camaleón. Resulta que Pascal (así é como decidimos chamarlle) perdeuse e non sabía cal era o seu destino.

Despois de ler a carta, sacamos a conclusión de que viaxaba cara Madagascar e cunha choiva de ideas, decidimos que o mellor era levalo ata alí nun avión.



Pero hoxe a cousa complicouse un pouquiño xa que á nosa porta chegou un pequeno buho amigo do camaleón que levaba días na súa procura. Tamén traía unha carta na que contaba que Pascal nunca viaxara en avión xa que lle dá medo voar, polo que agora temos unha dobre misión, investigar moito sobre os avións para que o noso amigo perda o medo a este medio de transporte e levalo ao seu destino.

Álex, que así chamamos o Buho, tamén nos dixo que Pascal non viaxaba só, pero polo momento non atopamos a ninguén, teremos que seguir buscando ao amigo que continúa perdido. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario