Hoxe foi un día xenial, levábamos unha semana buscando sen parar ao amigo de Álex e Pascal que aínda estaba perdido, mesmo pegamos carteis para tentar dar con el, pero non atopamos a ninguén.
Cal foi nosa sorpresa cando a compañeira Bianca atopou a un mono (Monkey) sentado á porta da nosa clase e cunha carta entre os seus brazos.
Nela contábanos que era el a quen buscábamos, que levaba días no colexio pero que se equivocou de mochila e foi parar á clase azul no canto da laranxa, grazas a isto descubrimos que os nosos compañeiros de primeiro, tamén teñen unha misión e é parecida á nosa, só que eles teñen que levar ás súas mascotas a Xapón.
Entón decidimos xuntarnos os dous grupos e seguir xuntos nesta aventura, polo menos para investigar e chegar ata o aeroporto, despois os nosos amigos tomarán avións diferentes porque queren viaxar a distintos continentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario