Neste último trimestre estamos a levar a cabo unha tarefa moi divertida. Convertémonos en mestres por un día, para ensinarlles aos nosos compañeiros algún xogo que nos guste moito practicar coa nosa familia. Temos que traer o material, explicar as regras, responder as preguntas que xurdan e todo iso en galego, para fomentar o uso da nosa lingua.
A primeira en estrearse foi Alicia, escolleu un xogo de cartas que se chama escoba. Ela aprendeu a xogar cos seus avós.
Primeiro ensinounos o material que se usa, unha baralla española. Como moitos non a coñecíamos explicounos que son 40 cartas repartidas en ouros, bastos, copas e espadas.
Despois explicounos as regras, temos que sumar 15 puntos coa carta que se bota e unha ou varias das que hai sobre a mesa. Hai cartas que teñen máis valor, como os ouros ou o "sete velo".
Por último contounos que cando non deixamos ningunha carta na mesa facemos unha escoba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario