lunes, 29 de mayo de 2023

O Parchís, o Solitario, o catro en raia e a Brisca.

Na nosa clase continuamos xogando e descubrindo a que xogan os nosos compañeiros nas súas casas coas súas familias.

Asier contounos que cos seus avós xoga moito ao parchís. A este xogo algúns xa sabíamos xogar, pero descubrimos que as regras duns e outros eran nalgún caso diferentes, pero como o profesor era Asier, acordamos xogar coas súas normas.

Bianca mostrounos un xogo de cartas que se chama solitario, ela adoita xogar cos seus pais e tamén co seu avó. Non se xoga coa baralla española que xa coñecíamos, se non coa inglesa. Como o xogo é un pouco difícil, decidimos xogar en equipos e así resultou máis fácil xa que colaborando os uns cos outros conseguimos o obxectivo, que é ordenar as cartas segundo o pau ou a súa numeración, de maneira ascendente.

Guillermo e a súa nai, xogan moito ao 4 en raia. Explicounos que tamén se pode xogar ao 3 en raia ou mesmo ao 5 en raia. Despois de explicarnos as normas, xogamos unhas partidas nos equipos cooperativos e divertímonos moito.


Pedro aprendeu a xogar á Brisca cos seus avós e grazas a Pedro aprendemos nós. Ensinounos que as cartas teñen un valor diferente (11, 10, 4, 3, 2 ou 0 puntos), que ter cartas do pau que triunfa é bo e que se non pasamos de 60 puntos non gañaremos a partida xa que a baralla en total ten 120 puntos.



Grazas a todos por colaborar co día do xogo!












No hay comentarios:

Publicar un comentario