jueves, 23 de febrero de 2017

Cantos traballos!

Cantos traballos!

Levamos uns días investigando en que traballan os nosos pais, que ferramentas e materiais utilizan para realizar o seu traballo, si usan uniforme ou non, si traballan con máquinas...


Despois de cubrir a ficha de investigación na casa, cada un expuxo o seu traballo ao resto de compañeiros.





Moitos trouxemos algúns obxectos, ferramentas e partes do uniforme para dar a coñecer os seus nomes  aos nosos compañeiros.











Encantounos! Aínda encima saboreamos unhas chocolatinas riquísimas que ten o pai de Héctor na sua cafetería e Jimena regalounos unhas pastas de dentes moi chulas da clínica dental onde traballa a sua nai, para realizar unha boa limpeza dental.

Moitas grazas ás familias pola súa colaboración e a súa achega de todos estes obxectos á aula.


Logo de coñecer ben os traballos que realizan os pais e nais, elaboramos uns mapas mentais onde aparecen os oficios e o que utilizna para realizar o seu traballo.





Estas tarefas servíronnos para introducir o sector primario, secundario e terciario, ver que traballos obteñen as materias primas, cales transforman as materias primas e cales axudan ás necesidades da xente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario