miércoles, 22 de febrero de 2017

Hipótesis fantástica y pensamiento eficaz.

Traballamos a creatividade cunha hipótesis fantástica.
Qué pasaría se foses unha gamba e tiveses que atravesar por un arrecife onde hai dous tiburóns, para chegar ata a tua casa?


Os rapaces e rapazas de segundo pensaron nunhas opcións ben creativas: Facer unha ponte con corais e pasar por enriba dos tiburóns, facer un troco a cambio de pasar, disfrazarse de tiburón, chamar a atención deles para despistalos bailando, facendo malabares…


Unha vez que temos as respostas a esa hipótesis, eleximos unha por cada equipo cooperativo coa estructura do 1, 2, 4.

Unha vez temos as tres opción (tres equipos) intentamos escollela mellor. Para iso realizamos unha destreza de pensamento: Toma de decisións con destreza. Despois de ver as consecuencias de realizar cada unha desas opcións, consideramos que a que mellor nos pode resultar é: Disfrazarme de tiburón e enganalos dicindo que vou en busca de comida para todos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario