domingo, 30 de octubre de 2022

BOLIS POLO PLANETA

Outro ano máis seguimos colaborando coa empresa TerraCycle e BIC para reciclar material de escritura.

Como sabedes, todo este material o reciclan para darlle outra utilidade coma bancos de exterior, lapiceiros, etc. 

O importante deste proxecto non soamente é colaborar para reciclar, senón que ademáis de colaborar para danar menos o medioambiente, tamén ten unha parte social importante, xa que todos os kilos de material que nos recollen no lo traducen en euros que serán destinados á Cruz Vermella. 

Este mes lanzan o concurso "Bolis polo planeta", que consiste en que recollamos a maior cantidade posible de material de escritura ata o 25 de Novembro.

Seguro que todos temos pola casa, oficina bolis, portaminas, rotuladores e ou subrayadores que xa non pintan e típex rematados. Non os tires, acércaos ao colexio ou recólledeos nunha bolsiña e dádellos aos nenos para que os traian.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!! É moi doado e entre todos podemos conseguir máis material para reciclar.

Podemos ser unha escola gañadora coa túa axuda.

Gracias!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario