lunes, 22 de enero de 2024

As fases da Lúa

 

En Ciencias Sociais empezamos o Segundo Trimestre con moitas ganas de aprender sobre o planeta no que vivimos.

Despois de levar a cabo diferentes actividades, decidimos investigar sobre a lúa, o satélite do noso planeta Terra.

Durante varias noites e coa axuda das nosas familias, estivemos observando a forma que tiña a lúa, pois xa somos expertos na materia, e sabemos que vai cambiando de forma.  Estes cambios chámanse: as fases da lúa.

Tamén vimos un vídeo da primeira viaxe do ser humano á lúa e gustóunos moito a frase de Neil Armstrong: “Un pequeño paso para el hombre, un gran paso para la humanidad”.

Debuxamos as fases nos nosos cadernos, vimos contos sobre a lúa e para rematar creamos un mural xigante entre todos.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario